Calcula tu Seguro de vida online

Contáctanos

Chamámoste

FAQ

Seguro de vida vinculado a unha hipoteca

Como sabe, unha das finalidades ao contratar un seguro de vida pode ser a de garantir que en caso de falecemento os herdeiros poidan contar con recursos suficientes para o pago das débedas contraídas polo falecido (por exemplo un préstamo hipotecario).

Pero, teña en conta que este seguro non é obrigatorio e que o banco nunca o pode obrigar a contratar un seguro de vida vinculándoo a unha operación de préstamo, aínda que por desgraza esta é unha práctica bastante habitual e supón &ás veces pagar primas desproporcionadas e fóra de mercado por este tipo de seguro.

Isto é ilegal e está prohibido tanto pola lexislación española como comunitaria. Se, no seu momento, contratou un seguro desta forma saiba que pode cancelalo en calquera momento ou, se desexa mantelo, pode contratalo con calquera compañía ou mediador que desexe, o que con toda probabilidade lle suporá un aforro económico importante.

¿QUEN É O BENEFICIARIO DO SEGURO DE VIDA?

O beneficiario é aquel que foi desinado coma tal polo asegurado na póliza. Pode ser nomeado de forma expresa (con nome e apelidos) ou xenérica (fillos, cónxuxe, herdeiros, sobriños, etc.)

Cando foron desinados expresamente os benefiarios son eles os que recibirán a suma asegurada, independentemente do que poña o testamento. Esto quere decir que prevalece a desinación feita na póliza sobre calquer outro documento, o testamento non modifica o expresado na póliza, xa sexa anterior ou posterior a contratación da mesma.

¿COMO TRIBUTA O SEGURO DE VIDA?

Unha vez producido o falecemento, o beneficiario deberá liquidar o Imposto de Sucesións e Doazóns polo importe recibido.

Existe una reducción establecida pola normativa estatal específica para prestacións derivadas de contratos de seguros de vida cando o beneficiario sexa cónxuxe, ascendente ou descendente do contratante falecido. A cuantía estatal está limitada a 9.195,49 euros, pero este importe pode ser maior si a comunidade autónoma de residencia fiscal do falecido así o prevé.

Aviso Legal

Aviso Legal

No seguinte documento indícanse as normas e condicións que rexeran a utilización do web site www.oteusegurodevida.com por parte dos seus visitante e usuarios. A súa utilización contravindo estas condicións, ou á marxe da legalidade vixente, dará lugar á reclamación de danos e prexuízos ao usuario visitante.

COAGA Consultores, S.L. resérvase o dereito ao cambio das presentes condicións sen previo aviso.

PROPIEDADE LEGAL

Queda prohibida expresamente a utilización, cesión, venta, distribución, aluguer ou exposición pública da totalidade ou parte dos elementos incluidos no web site sen a expresa autorización da empresa titular dos dereitos.

A información contida no web site www.oteusegurodevida.com ten como obxectivo principal facilitar información aos seus usuarios en relación con temas financeiros e de seguros desde unha óptica empresarial. COAGA Consultores, S.L. no responderá sobre a exactitude ou veracidade de dita información, declinando calquera responsabilidade en relación co uso da mesma.

COAGA Consultores, S.L. resérvase o dereito ao cambio dos contidos do presente web site sen previo aviso. Así mesmo, non responderá polos danos e prexuízos que puidese ocasionar a paralización definitiva ou temporal do acceso á web, así como aos servizos incluídos nela.

Entidade

www.oteusegurodevida.com é un web site de COAGA CONSULTORES, S.L. , entidade inscrita na Dirección Xeral de Seguros coa clave de mediador J-1935

A nosa MISIÓN como empresa céntrase nunha clara vocación de servizo e atención ao cliente dentro dunha rigorosa independencia con respecto ás entidades aseguradoras. Facilitamos o acceso aos nosos produtos a través de modernos sistemas de información on-line e ofrecemos aos nosos clientes coberturas de seguro adaptadas ás súas necesidades a prezos altamente competitivos.

Contamos cun departamento xurídico composto por avogados especializados dedicado a prestar asesoramento aos nosos clientes en relación co contido e interpretación das súas pólizas de seguro así como para o apoio e seguimento na tramitación dos seus posible sinistros.