¿Buscas un seguro de vida?

Calcula o prezo de teu seguro de vida online con noso tarificador

¿Que cobre o seguro de vida?

  • O seguro de vida é un contrato formalizado cunha compañía de seguros no que se estipula un capital e unha serie de coberturas (falecemento, invalidez, etc.) de forma que cando estas ocorren a compañía está obrigada a indemnizar ao asegurado ou a quen este designe co capital pactado.

    A principal cobertura nun seguro de vida é a de falecemento por calquera causa(morte natural, enfermidade, accidente…) ademais soen incluírse de forma opcional outras coberturas que poden resultar interesantes:

    • Invalidez Absoluta e permanente: Unha vez declarada esta invalidez pola seguridade social a compañía obrígase a indemnizar co capital pactado para que o asegurado poida facer fronte aos novos gastos derivados desta situación de discapacidade.
    • Enfermidades graves: En caso de detectarse unha enfermidade grave (cáncer, infarto, etc.) pódese anticipar ata o 100% do capital previsto en caso de falecemento.
    • Gran invalidez: Cobre os gastos de reforma para a adecuación da vivenda habitual e/ou o vehículo do asegurado á súa situación de discapacidade (ramplas de acceso, adaptación de baños, sistemas de vixilancia e alerta, etc.)
    • Dobre/Triplo capital por accidente: A compañía obrígase a indemnizar un múltiplo (normalmente dobre ou triplo) do capital contratado en caso de accidente.
    • Borrado dixital: Cobre os gastos necesarios para a cancelación en internet da información que puidese aparecer relacionada co asegurado falecido.
    • Testamento online: Servizo de asesoramento legal que ofrece a compañía para facilitar a confección do testamento.

seguro de vida Coruña, seguro de vida Lugo, seguro de vida Ourense, seguro de vida Pontevedra, seguro de vida Vigo, seguro de vida Galicia, seguro de vida Santiago, que es seguro de vida, que cubre seguro de vida, seguro vida calculo, seguro vida, seguros vida precio, seguros vida simulador, seguro vida barato, seguro vida hipotecaO teu seguro de vida online

A nosa web está pensada para facilitarlle información acerca de qué é o seguro de vidaque cobre, a quen interesa e que se debe valorar á hora de contratar este tipo de seguros.

Así mesmo, detallaremos aquelas particularidades que afectan ao seguro de vida e incluso exporemos exemplos que lle permitirán ver casos reais de aplicación deste seguro.

Finalmente e se o desexa, tamén poderá calcular vostede mesmo o prezo do seu seguro de vida online a través do noso tarificador online.

Estamos convencidos de que esta páxina aclarará gran parte das súas dúbidas e inquedanzas respecto deste tipo de seguros, pero se aínda pensa que ten dúbidas, por que non contacta connosco? Chámenos e os nosos asesores atenderano sen ningún compromiso.

Contáctanos

Chamámoste

FAQ

Seguro de vida vinculado a unha hipoteca

Como sabe, unha das finalidades ao contratar un seguro de vida pode ser a de garantir que en caso de falecemento os herdeiros poidan contar con recursos suficientes para o pago das débedas contraídas polo falecido (por exemplo un préstamo hipotecario).

Pero, teña en conta que este seguro non é obrigatorio e que o banco nunca o pode obrigar a contratar un seguro de vida vinculándoo a unha operación de préstamo, aínda que por desgraza esta é unha práctica bastante habitual e supón &ás veces pagar primas desproporcionadas e fóra de mercado por este tipo de seguro.

Isto é ilegal e está prohibido tanto pola lexislación española como comunitaria. Se, no seu momento, contratou un seguro desta forma saiba que pode cancelalo en calquera momento ou, se desexa mantelo, pode contratalo con calquera compañía ou mediador que desexe, o que con toda probabilidade lle suporá un aforro económico importante.

¿QUEN É O BENEFICIARIO DO SEGURO DE VIDA?

O beneficiario é aquel que foi desinado coma tal polo asegurado na póliza. Pode ser nomeado de forma expresa (con nome e apelidos) ou xenérica (fillos, cónxuxe, herdeiros, sobriños, etc.)

Cando foron desinados expresamente os benefiarios son eles os que recibirán a suma asegurada, independentemente do que poña o testamento. Esto quere decir que prevalece a desinación feita na póliza sobre calquer outro documento, o testamento non modifica o expresado na póliza, xa sexa anterior ou posterior a contratación da mesma.

¿COMO TRIBUTA O SEGURO DE VIDA?

Unha vez producido o falecemento, o beneficiario deberá liquidar o Imposto de Sucesións e Doazóns polo importe recibido.

Existe una reducción establecida pola normativa estatal específica para prestacións derivadas de contratos de seguros de vida cando o beneficiario sexa cónxuxe, ascendente ou descendente do contratante falecido. A cuantía estatal está limitada a 9.195,49 euros, pero este importe pode ser maior si a comunidade autónoma de residencia fiscal do falecido así o prevé.

Aviso Legal

Aviso Legal

No seguinte documento indícanse as normas e condicións que rexeran a utilización do web site www.oteusegurodevida.com por parte dos seus visitante e usuarios. A súa utilización contravindo estas condicións, ou á marxe da legalidade vixente, dará lugar á reclamación de danos e prexuízos ao usuario visitante.

COAGA Consultores, S.L. resérvase o dereito ao cambio das presentes condicións sen previo aviso.

PROPIEDADE LEGAL

Queda prohibida expresamente a utilización, cesión, venta, distribución, aluguer ou exposición pública da totalidade ou parte dos elementos incluidos no web site sen a expresa autorización da empresa titular dos dereitos.

A información contida no web site www.oteusegurodevida.com ten como obxectivo principal facilitar información aos seus usuarios en relación con temas financeiros e de seguros desde unha óptica empresarial. COAGA Consultores, S.L. no responderá sobre a exactitude ou veracidade de dita información, declinando calquera responsabilidade en relación co uso da mesma.

COAGA Consultores, S.L. resérvase o dereito ao cambio dos contidos do presente web site sen previo aviso. Así mesmo, non responderá polos danos e prexuízos que puidese ocasionar a paralización definitiva ou temporal do acceso á web, así como aos servizos incluídos nela.

Entidade

www.oteusegurodevida.com é un web site de COAGA CONSULTORES, S.L. , entidade inscrita na Dirección Xeral de Seguros coa clave de mediador J-1935

A nosa MISIÓN como empresa céntrase nunha clara vocación de servizo e atención ao cliente dentro dunha rigorosa independencia con respecto ás entidades aseguradoras. Facilitamos o acceso aos nosos produtos a través de modernos sistemas de información on-line e ofrecemos aos nosos clientes coberturas de seguro adaptadas ás súas necesidades a prezos altamente competitivos.

Contamos cun departamento xurídico composto por avogados especializados dedicado a prestar asesoramento aos nosos clientes en relación co contido e interpretación das súas pólizas de seguro así como para o apoio e seguimento na tramitación dos seus posible sinistros.